Estatística Xudicial en PC-Axis para uso en equipamento local

Se desexa consultar os datos xerados pola Sección de Estatística Xudicial de forma local, poñemos á súa disposición os datos no formato .px, orientados á consulta mediante o programa PC-Axis.

Na parte inferior atopará a ligazón á páxina oficial do programa por se necesita descargalo e unha ligazón para a descarga do arquivo comprimido que agrupa todos os datos manexados no apartado de Estatística Xudicial baixo o menú "Base de datos da estatística xudicial (PC-AXIS)".