Estimación dos tempos medios de duración dos procedementos xudiciais

Preséntanse datos comparativos sobre a estimación da duración dos procesos xudiciais para un tipo de órgano xudicial, orde xurisdicional, ano, tipo de procedemento ou materia e eido xeográfico. Premendo nun dos anos, tipo de procedemento ou comunidade autónoma, establécese un novo criterio e adáptase o contido de toda a páxina á selección. Tamén se inclúe información de contexto sobre a mobilidade do persoal e as medidas de reforzo que poden afectar á duración dos procesos xudiciais.

Utilizáronse estimacións das duracións medias dos asuntos rematados en cada ano, independentemente da forma de realización. Estas estimacións obtivéronse mediante un modelo matemático baseado no número de asuntos ingresados, resoltos e pendentes ao comezo de cada período. Os datos foron facilitados pola Estatística Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial. A duración exprésase en meses.

As duracións dos procedementos xudiciais poden verse afectadas por varias circunstancias. Entre elas destaca a mobilidade do persoal nos órganos xudiciais. Canto maior sexa a mobilidade do persoal, peor será, previsiblemente, a resposta ao cidadán. Pola contra, a aplicación de medidas de reforzo suporía unha mellora na resposta. A modo orientativo achéganse indicadores, obtidos da Estatística Xudicial, sobre estes elementos.

Accede por Comunidad Autónoma