Noticias Xudicial TSX Galicia

Noticias Xudicial TSX Galicia
  1. O TSXG rexeita un incidente presentado contra o Concello por incumprir parte do acordo sobre o Conde de Fenosa

    • A Sala asegura que está a executar o compromiso que adquiriu de construír un edificio de Vivendas de Protección Oficial en Xuxán
  2. O TSXG decreta a suspensión cautelar de seis parques eólicos polo risco de que a súa construción xere danos irreversibles ao medio ambiente

  3. O TSXG suspende 400 recursos sobre emprego público ata que o TXUE se pronuncie sobre se España vulnera a lei cos traballadores temporais

    • A Sala do Social demandou ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea que determine se o abuso de contratos temporais na administración pública española vulnera a normativa europea; e, en caso de resposta afirmativa, se iso supón que os traballadores afectados poidan pasar a fixos con todos os seus efectos
  4. O TSXG condena ao Sergas a indemnizar con 300.000 euros a unha doente que sufriu paraplexía tras unha discectomía no hospital de Ourense

    • A Sala explica na sentenza que non comparte o razoamento do órgano de primeira instancia para descartar o dano desproporcionado, porque, precisamente, “se di que o dano neurolóxico se produce a nivel distante de onde se practicou a intervención cirúrxica e que, segundo informaron os peritos, é alleo ou estraño á intervención efectuada”
  5. O TSXG condena á Xunta a pagar 1.793 euros a un apicultor polos danos que o oso pardo lle causou ás súas colmeas

    • A Consellería de Medio Ambiente negoulle a axuda por non telas identificadas de forma individual
  6. Un xulgado de Vigo anula a cobranza realizada pola Seguridade Social por antigas cotas a unha autónoma que estivo incapacitada temporalmente

  7. O TSXG admite a trámite o recurso dunha empresa do sector eólico contra a Xunta no que lle reclama 46 millóns por autorizarlle un parque que anulou o Supremo

    • Fergo Galicia Vento esixe á administración que a indemnice polos danos e prexuízos que entende que lle causou. A decisión da Sala do Contencioso-administrativo do alto tribunal galego sobre a nulidade do proxecto da Serra do Oribio (Lugo) foi ratificado polo Tribunal Supremo. En autos nos que o TSXG ordena paralizar de forma temporal parques eólicos advirte que é un mal menor en comparación co custo que para as arcas públicas tería a súa construción se posteriormente se declarase a súa ilegalidade
  8. O Xulgado aproba modificar o convenio do R.C. Deportivo de La Coruña cos seus acredores para asegurar a viabilidade do club

    • O obxectivo, segundo a sentenza, é “evitar o incumprimento do convenio vixente polos insuficientes ingresos, debido a que desde fai catro anos non compite en competicións oficiais profesionais”. A xuíza destaca que se puido satisfacer o acordado “polo transcendental apoio de Abanca”, que mostrou a súa disposición para “prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación”
  9. O TSXG confirma a sentenza que condena a Ryanair a readmitir a unha azafata despedida en Santiago na folga de 2022

    • A empresa deberá abonar unha indemnización á demandante de 7.501 euros polos danos e prexuízos causados
  10. A xuíza decreta o arquivo da investigación do atraco dunha administración de loterías de Lugo

    • Destaca que “toda a construción da hipótese investigativa policial se funda en sospeitas”. Subliña que non existe “absolutamente ningún indicio racional de criminalidade” fronte ao loteiro
  1. Previo
  2. páxina
    de 30