A Audiencia de Pontevedra inhabilita sete anos a un médico do Sergas que cobraba por emitir certificados de defunción

Cometeu os feitos entre 2016 e 2018, cando exercía nun Centro de Atención Primaria do Sergas

Autor
Comunicación Poder Judicial

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, a tres anos de cárcere a un médico que solicitaba cartos a cambio de expedir certificados de defunción. Ademais, impúxolle sete anos de inhabilitación para o emprego de médico ou para cargo público relacionado co exercicio da medicina. O Tribunal do Xurado considerou ao acusado, que cometeu os feitos entre 2016 e 2018, cando exercía nun Centro de Atención Primaria do Sergas, culpable dun delito continuado de suborno.

A maxistrada presidenta destaca na sentenza que está fóra de toda dúbida que os certificados de defunción son gratuítos e, en canto á solicitude de pago por parte do médico, salienta que os testemuños dos empregados das funerarias son “absolutamente contundentes, persistentes e cribles”, do mesmo xeito que os dos familiares dos falecidos