Os Plans Nacionais de Estatística Xudicial

Os Plans Nacionais de Estatística Xudicial son o instrumento previsto no artigo 461 da LOPX para a ordenación da estatística xudicial. Son aprobados polo Pleno da comisión nacional de Estatística Xudicial.

Os Plans Nacionais de Estatística Xudicial inspiráronse nos Plans Nacionais de Estatística de Consello Superior de Estatística. Teñen a mesma periodicidade, cuadrienal, e neles as operacións estatísticas están agrupadas en Temas. Co fin de conseguir unha sincronización temporal, o primeiro dos plans da Estatística Xudicial tivo unha extensión de apenas dous anos: 2011-2012.

Para aproveitar as prácticas consolidadas na planificación estatística e facilitar a futura integración das operacións estatísticas xudiciais que se determine nos Plans Estatísticos Nacionais, o Plan da Estatística Xudicial (de agora en diante PEX) utiliza os mesmos conceptos e definicións que estes e tamén o mesmo formato de descrición das operacións estatísticas incluídas no Plan, aínda que cun pouco máis de detalle. Unicamente non se considerou a inclusión, con carácter xeral, dos créditos necesarios para financiar cada operación.

Como non podería ser doutro xeito, as estatísticas xudiciais réxense por Principios xerais que regulan a produción estatística para fins estatais, recollidos na Lei da función Estatística Pública, e polo Código de boas Practicas das Estatísticas Europeas.

As importantes lagoas de información estatística nalgunhas áreas temáticas fixeron que a Comisión se determinase para incluír no Plan un conxunto de operacións sobre as que non ten control, pois son realizadas por entidades alleas aos integrantes da Comisión, aínda que si son entidades de Dereito Público. Tamén se incluíron operacións estatísticas de carácter xeral nas que se recolle algún dato significativo para a Xustiza. Considerarase incluído no Plan unicamente este subconxunto da operación. Para ambos os tipos de operacións utilízase unha codificación diferente, secuencial dentro da área temática e acabando en E. Nos programas anuais que desenvolvan o Plan estas operacións simplemente van ser enumeradas, sen incluír ningún detalle das mesmas.