Que é a AN

A Audiencia Nacional ten a súa sede en Madrid e é un órgano xurisdicional único en España con xurisdición en todo o territorio nacional, constituíndo un Tribunal centralizado e especializado para o coñecemento de determinadas materias que veñen atribuídas por Lei. Foi creada en virtude do Real Decreto Lei 1/1977 (BOE do 5 de xaneiro de 1977).

En concreto, ocúpase dos delitos de maior gravidade e relevancia social como son, entre outros, os de terrorismo, crime organizado, narcotráfico, delitos contra a Coroa ou os delitos económicos que causan grave prexuízo á economía nacional. En materia Contencioso-administrativa, a Audiencia Nacional fiscaliza as resolucións da Administración do Estado. Na xurisdición social encárgase, fundamentalmente, das impugnacións de convenios colectivos de ámbito territorial superior a unha comunidade autónoma ou que vaian producir efecto no ámbito territorial superior ao dunha comunidade.