O TSXG acolle a xura de 13 letradas/os da 45ª promoción da Administración de Xustiza
Ocuparán as súas prazas nos xulgados de Betanzos, Cambados, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Redondela e Vilalba. O secretario do Goberno, Juan José Martín Álvarez, destacou a importancia da “colaboración, a cohesión e o traballo en equipo, así como a empatía” no exercicio da profesión
- Autor
- Comunicación Poder Judicial
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu hoxe a xura ou promesa da 45ª promoción da quenda libre de trece letradas e letrados da Administración de Xustiza, que exercerán a súa función nos xulgados de Betanzos, Cambados, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Redondela e Vilalba.
O acto estivo presidido por José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente do TSXG, e dirixido polo secretario do Goberno, Juan José Martín Álvarez, quen durante o seu discurso destacou varios dos principios sobre os que deben sentar as bases do exercicio da súa profesión. Entre eles están “a colaboración cos xuíces e fiscais e a cohesión, así como a empatía” coa cidadanía e compañeiros/as. Tamén insistiu en que “o traballo en equipo é algo esencial para a eficacia de calquera labor dun grupo humano” e que os letrados da Administración de Xustiza “deben lideralo, organizando as tarefas en constante comunicación cos distintos integrantes da oficina xudicial”.
Ao acto asistiron, ademais de familiares e amigos dos letrados e letradas, autoridades xudiciais e civís, entre elas o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; os secretarios/as coordinadores de tres das catro provincias galegas -Adelaida Vega, M.ª Del Carmen Varela e José Miguel Formoso-; a xerente territorial do Ministerio de Xustiza, Marta García Sande, e o secretario territorial da Delegación territorial da Xunta na Coruña, Severino Álvarez Monteserín.
Os destinos das letradas e letrados que tomaron posesión do seu cargo son os seguintes:
ANA SÁNCHEZ LÓPEZ
|
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº1 DE MARÍN
|
LAURA GONZÁLEZ VÁZQUEZ
|
XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº1 DE LUGO |
NOEMÍ PÉREZ ACUÑA
|
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº2 DE MARÍN |
ALEJANDRO ÁLVAREZ GARCÍA |
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº1 DE REDONDELA |
ANTÍA FERNÁNDEZ MIRAZ
|
XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº2 DE FERROL |
ELENA SANZ BOCOS
|
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº4 DE BETANZOS
|
MARÍA BECEIRO CAAVEIRO
|
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº1 DE BETANZOS |
ANDREA GONZÁLEZ ABRALDES
|
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº3 DE CAMBADOS |
BEATRIZ MARTÍNEZ CASTAÑER |
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº3 DE CANGAS
|
ÁLVARO MELERO CARVAJAL |
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº2 DE MONFORTE DE LEMOS
|
ANA MARÍA MARTÍN MÉNDEZ |
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº2 DE VILALBA
|
ALICIA MARTÍNEZ DE SOTO
|
XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº2 DE BETANZOS
|