O TSXG acolle a xura de seis xuízas que ascenden a maxistradas pola quenda de antigüidade

O presidente do alto tribunal galego destaca na súa intervención a función que realizan os membros da carreira xudicial. Exercerán as súas funcións como maxistradas/o en órganos de Vigo, O Porriño, Carballo, Redondela, Lugo e Cangas do Morrazo

Autor
Comunicación Poder Judicial
En la imagen, de izquierda a derecha: Paloma Míguez Álvarez; Lara Ferradás Novoa; Dolores Rivera Frade; Adriana López Barcón; Ignacio Picatoste Sueiras; José María Gómez y Díaz-Castroverde; Juan José Martín Álvarez; Lorena Quintairos Loureiro; Lucía Isabel Yebra-Pimentel López; y Augusto Javier Mosquera Blanco
En la imagen, de izquierda a derecha: Paloma Míguez Álvarez; Lara Ferradás Novoa; Dolores Rivera Frade; Adriana López Barcón; Ignacio Picatoste Sueiras; José María Gómez y Díaz-Castroverde; Juan José Martín Álvarez; Lorena Quintairos Loureiro; Lucía Isabel Yebra-Pimentel López; y Augusto Javier Mosquera Blanco

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu esta mañá o acto de xura ou promesa das cinco xuízas e o xuíz que ascenderon a maxistradas/o pola quenda de antigüidade, cuxo nomeamento se publicou no Boletín Oficial do Estado o pasado 29 de novembro. Ao acto, presidido por José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente do TSXG, asistiron a presidenta da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG, Dolores Rivera, o presidente da Audiencia Provincial da Coruña, Ignacio Picatoste, e familiares e amigos dos seis membros da carreira xudicial. Durante a súa intervención, Díaz-Castroverde destacou a función que realizan os membros da carreira xudicial, á vez que felicitou ás maxistradas/o.

Tras o ascenso, a maxistrada Adriana López Barcón pasará a desempeñar as súas funcións no Xulgado do Social número 3 de Vigo, mentres que o resto de xuízas e o xuíz que ascenderon permanecerán nos seus actuais destinos: Lorena Quintairos Loureiro, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño; Augusto Javier Mosquera Blanco, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Carballo; Lara Ferradás Novoa, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela; Lucía Isabel Yebra-Pimentel López, no Xulgado de Instrución número 3 de Lugo; e Paloma Míguez Álvarez, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas do Morrazo.